Amaiur (coalición)
Amaiur | |
---|---|
Tipo | coalición política |
Ideoloxía | esquerda abertzale |
Data de fundación | 27 de setembro de 2011 |
Data de disolución | 2012 |
País | País Vasco |
Na rede | |
http://www.amaiur.info | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Amaiur[1] é unha coalición política española conformada por Eusko Alkartasuna, Alternatiba, Aralar e diversos independentes de esquerda abertzale, para concorrer ás eleccións xerais de 2011.[2] Ten como obxectivo defender desde o País Vasco e Navarra o dereito de autodeterminación.[3][4]
A coalición colleu o nome da vila de Amaiur, onde tivo lugar unha das últimas batallas da conquista do reino de Navarra pola Coroa de Castela.
Historia
[editar | editar a fonte]En abril de 2011 formárase a coalición electoral Bildu, integrada polos partidos Eusko Alkartasuna e Alternatiba, as agrupacións Araba Bai e Herritarron Garaia, a canda diversos independentes da esquerda abertzale. Superados os trámites da súa legalización, nas eleccións municipais 2011 en España converteuse a coalición na segunda forza en política en Euscadi (por detrás do PNV) e na cuarta de Navarra. Meses despois, a esta coalición sumóuselle o partido de esquerda independentista Aralar, que ata daquela se presentara en solitario en Euscadi e en Navarra como parte integrante da coalición Nafarroa Bai. O obxectivo desta coalición era presentarse ás xerais de novembro dese ano[5].
A coalición presentouse publicamente o 27 de setembro de 2011 nun acto no que interviron, en nome da coalición, os abertzales independentes Rufi Etxeberria e Txelui Moreno, o secretario xeral de EA Pello Urizar, a representante de Aralar Rebeka Ubera e o coordinador de Alternatiba Oskar Matute[6]. En novembro de 2011 escolleron os seus primeiros candidatos electorais, que foron todos eles persoas independentes pero vencelladas á esquerda abertzale, mentres que os representantes de Aralar, EA e Alternatiba figuraron en segundos postos ou nas listas ao Senado: Maite Aristegi por Guipúscoa, Sabino Cuadra por Navarra, Iñaki Antigüedad por Biscaia e Iker Urbina por Áraba[7].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nace Amaiur, la mayor alianza abertzale desde la Transición, Público, 3/10/2011.
- ↑ La Junta Electoral da el visto bueno definitivo a la coalición Amaiur, El País, 11/10/2011.
- ↑ Amaiur sitúa "el derecho de Euskal Herria a decidir" en el "eje" de su actuación en Madrid, La Vanguardia, 2/10/2011.
- ↑ Patxi Zabaleta afirma que Amaiur es "el símbolo" y un paso "en la nueva situación política de Euskal Herria" Arquivado 31 de outubro de 2011 en Wayback Machine., El Correo, 28/9/2011
- ↑ Izquierda abertzale, EA, Alternatiba y Aralar cierran los contenidos del pacto del 20-N Arquivado 04 de novembro de 2011 en Wayback Machine., Gara, 15/9/2011.
- ↑ Amaiur concurrirá al 20-N para reivindicar “la nación” vasca, El País, 27/9/2011.
- ↑ Maite Aristegi y Rafa Larreina serán los cabeza de lista de Amaiur por Gipuzkoa, Diario Vasco, 16/10/2011.